jueves, 28 de abril de 2011

Introdución

A actual situación de dificultades económicas e financeiras, que implica un aumento importante na perda de postos de traballo, demanda unha actuación específica dos poderes públicos cara ao impulso de actuacións que reforcen os sectores produtivos, promovan un maior desenvolvemento do territorio e de políticas activas de emprego que melloren a empleabilidade na cidade da coruña.

O proxecto REDE CORUÑA EMPREGA promovido polo Concello da Coruña conforme ás orientacións establecidas polo Ministerio de Administracións Públicas, e cofinanciado pola Unión Europea (Fondo Social Europeo), pretende facilitar a inserción laboral mellorando a empleabilidade de persoas demandantes de emprego con especiais dificultades para a súa inserción no mercado de traballo, ao mesmo tempo que se contribúe á inclusión social e á conciliación da vida persoal e laboral.

Este proxecto considera a creación dunha rede destinada ao establecemento dun pacto local polo emprego, o desenvolvemento de itinerarios integrados de inserción sociolaboral a través da execución de diferentes accións de capacitación para o emprego, así como a elaboración de estudos técnicos relacionados coa prospección de necesidades potenciais en materia de formación para o emprego no municipio.

As persoas participantes nos itinerarios integrados de inserción sociolaboral pasarán polas fases de orientación, formación, dotación de experiencia profesional, e acompañamento directo á inserción laboral, conseguindo que os participantes adquiran un perfil profesional que actualmente está a ser demandado no mercado de traballo.