Mostrando entradas con la etiqueta 5.1.6. Conclusións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 5.1.6. Conclusións. Mostrar todas las entradas

jueves, 14 de abril de 2011

Conclusións

Respecto aos resultados estatísticos obtidos, extráense as seguintes conclusións principais:
En primeiro lugar, os segmentos de negocio que concentran maior número de man de obra son:

• En primeira liña portuaria:
- Armadoras.
- Empresas consignatarias.
- Empresas estibadoras.
- Empresas remolcadoras.

• En segunda liña portuaria:
- Almacenamento e depósitos.
- Comercializadoras de peixe.
- Enerxía.
- Transporte e loxística.

• Empresas de importación/exportación:
- Industria madeireira.
- Industria conserveira.
- Maquinaria industrial e de automoción, electrónica e comunicacións.
- Industria da alimentación e bebidas.

En segundo lugar, os salarios netos mensuais máis elevados danse nas industrias de primeira liña portuaria (1.617,77 €). Pero, cando se ten en conta o tamaño das empresas, as que máis pagan son as grandes con diferencias moi importantes, que alcanzan ata o 60%.

En terceiro lugar, as empresas procederon a realizar novas contratacións no último ano nun 49,10% e baixas nun 46,39%. A maior parte das altas concéntranse en primeira liña portuaria ou nas empresas grandes.
Os segmentos de negocio que máis altas de novos traballadores realizaron son:
• Obras marítimas.
• Enerxía.
• Axentes de alfándegas.
• Concesionaria do porto deportivo.


En carto lugar, as perspectivas das empresas respecto á apertura do Porto Exterior da Coruña son positivas:
• Respecto á propia empresa nun 45,60% (o 46,30% pensa que non influirá e o 2,77% que son malas)
• Respecto á provincia da Coruña e zonas limítrofes nun 75,43% (o 6,39% pensa que non influirá e o 8,11% que son malas)

En quinto lugar, os aspectos respecto á relación co futuro Porto Exterior da Coruña que os empresarios indican como “moi importantes” son:
• Actualmente realizan importación/exportación/grupaxe noutros portos e estarían dispostos a cambiar ao Porto Exterior da Coruña en caso de que sexa rendible e haxa instalacións axeitadas.
• Aumento do volume de mercadorías (importación/exportación) e da demanda asociada.
• Aumento do emprego, crecemento económico.

Os puntuados como “importantes” son:
• Aumento do volume de traballo, da produtividade (abaratamento de custos) e da competitividade.
• Dúbidas sobre a pertinencia estratéxica e/ou a rendibilidade do Porto Exterior.
• Mellora condicionada a unha intensificación por parte da Autoridade Portuaria da actividade comercial de captación de tráficos e novas liñas, e maior eficiencia na xestión de operacións e recursos.
• Beneficios ambientais.

En sexto lugar, as empresas que buscan actualmente novos traballadores e traballadoras son un 10,84% da mostra. Pero coa posta en funcionamento do Porto Exterior, esa busca poderíase incrementar ata o 14,57%.

En sétimo lugar as empresas da mostra dánlle máis importancia ao currículo en competencias específicas respecto ao currículo formal. As necesidades formativas específicas que demandan son:
• Cualificadas como “moi importantes”:
- Mariñeiro pescador.
- Loxística do transporte marítimo.
- Xestión/Administración/Márketing/Proxección comercial.
- Comercio exterior (actualidade normativa, procedementos, novos mercados).
- Electrónica/Telecomunicacións/Autómatas.

• Cualificadas como “importantes”:
- Mecánica (xeral, propulsión, hidráulica, CAD)
- Despezamento, corte, empaquetado e recoñecemento do peixe.
- Estiba/Desestiba/Operador de guindastre/Pantaláns.
- Patrón local de pesca/Patrón costeiro equivalente.
- Idiomas.
- Riscos laborais, prevención e seguridade portuaria.
- Soldadura/Tornaría.
- Ofimática orientada ao negocio marítimo.
- Patrón de embarcacións.


En oitavo lugar, un aspecto complementario ás necesidades formativas é o que fai referencia á formación continua, onde o 56,34% das empresas demandan cursos de formación, principalmente no sector de primeira liña portuaria.

En noveno lugar, a conclusión que se extrae respecto aos métodos de busca de novos traballadores e traballadoras é que as redes informais son o método máis utilizado no 73,86% dos casos.

Por último, nas empresas entrevistadas analízase a proporción de homes (71,96%) e de mulleres (28,04%). A participación feminina redúcese, sobre todo, no ámbito de empresas da segunda liña portuaria (24,73%). Tamén se pode afirmar que canto maior é o tamaño da empresa, menor é o desequilibrio de xénero. Para concluír, pódese afirmar que existe unha acusada segregación das mulleres en establecementos de baixos salarios, cun efecto cuantitativamente importante.