Respecto aos resultados estatísticos obtidos, extráense as seguintes conclusións principais:
En primeiro lugar, os segmentos de negocio que concentran maior número de man de obra son:
• En primeira liña portuaria:
- Armadoras.
- Empresas consignatarias.
- Empresas estibadoras.
- Empresas remolcadoras.
• En segunda liña portuaria:
- Almacenamento e depósitos.
- Comercializadoras de peixe.
- Enerxía.
- Transporte e loxística.
• Empresas de importación/exportación:
- Industria madeireira.
- Industria conserveira.
- Maquinaria industrial e de automoción, electrónica e comunicacións.
- Industria da alimentación e bebidas.
En segundo lugar, os salarios netos mensuais máis elevados danse nas industrias de primeira liña portuaria (1.617,77 €). Pero, cando se ten en conta o tamaño das empresas, as que máis pagan son as grandes con diferencias moi importantes, que alcanzan ata o 60%.
En terceiro lugar, as empresas procederon a realizar novas contratacións no último ano nun 49,10% e baixas nun 46,39%. A maior parte das altas concéntranse en primeira liña portuaria ou nas empresas grandes.
Os segmentos de negocio que máis altas de novos traballadores realizaron son:
• Obras marítimas.
• Enerxía.
• Axentes de alfándegas.
• Concesionaria do porto deportivo.
En carto lugar, as perspectivas das empresas respecto á apertura do Porto Exterior da Coruña son positivas:
• Respecto á propia empresa nun 45,60% (o 46,30% pensa que non influirá e o 2,77% que son malas)
• Respecto á provincia da Coruña e zonas limítrofes nun 75,43% (o 6,39% pensa que non influirá e o 8,11% que son malas)
En quinto lugar, os aspectos respecto á relación co futuro Porto Exterior da Coruña que os empresarios indican como “moi importantes” son:
• Actualmente realizan importación/exportación/grupaxe noutros portos e estarían dispostos a cambiar ao Porto Exterior da Coruña en caso de que sexa rendible e haxa instalacións axeitadas.
• Aumento do volume de mercadorías (importación/exportación) e da demanda asociada.
• Aumento do emprego, crecemento económico.
Os puntuados como “importantes” son:
• Aumento do volume de traballo, da produtividade (abaratamento de custos) e da competitividade.
• Dúbidas sobre a pertinencia estratéxica e/ou a rendibilidade do Porto Exterior.
• Mellora condicionada a unha intensificación por parte da Autoridade Portuaria da actividade comercial de captación de tráficos e novas liñas, e maior eficiencia na xestión de operacións e recursos.
• Beneficios ambientais.
En sexto lugar, as empresas que buscan actualmente novos traballadores e traballadoras son un 10,84% da mostra. Pero coa posta en funcionamento do Porto Exterior, esa busca poderíase incrementar ata o 14,57%.
En sétimo lugar as empresas da mostra dánlle máis importancia ao currículo en competencias específicas respecto ao currículo formal. As necesidades formativas específicas que demandan son:
• Cualificadas como “moi importantes”:
- Mariñeiro pescador.
- Loxística do transporte marítimo.
- Xestión/Administración/Márketing/Proxección comercial.
- Comercio exterior (actualidade normativa, procedementos, novos mercados).
- Electrónica/Telecomunicacións/Autómatas.
• Cualificadas como “importantes”:
- Mecánica (xeral, propulsión, hidráulica, CAD)
- Despezamento, corte, empaquetado e recoñecemento do peixe.
- Estiba/Desestiba/Operador de guindastre/Pantaláns.
- Patrón local de pesca/Patrón costeiro equivalente.
- Idiomas.
- Riscos laborais, prevención e seguridade portuaria.
- Soldadura/Tornaría.
- Ofimática orientada ao negocio marítimo.
- Patrón de embarcacións.
En oitavo lugar, un aspecto complementario ás necesidades formativas é o que fai referencia á formación continua, onde o 56,34% das empresas demandan cursos de formación, principalmente no sector de primeira liña portuaria.
En noveno lugar, a conclusión que se extrae respecto aos métodos de busca de novos traballadores e traballadoras é que as redes informais son o método máis utilizado no 73,86% dos casos.
Por último, nas empresas entrevistadas analízase a proporción de homes (71,96%) e de mulleres (28,04%). A participación feminina redúcese, sobre todo, no ámbito de empresas da segunda liña portuaria (24,73%). Tamén se pode afirmar que canto maior é o tamaño da empresa, menor é o desequilibrio de xénero. Para concluír, pódese afirmar que existe unha acusada segregación das mulleres en establecementos de baixos salarios, cun efecto cuantitativamente importante.