Este informe está elaborado en base aos datos e conclusións extraidas do traballo de prospección e intermediación laboral realizado polo Proxecto Rede Coruña Emprega cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
A través do mesmo preténdese analizar cáles son as ocupacións e perfís profesionais que demandan as empresas da Coruña e da súa área de influencia.
Na última parte do informe analízanse os sectores económicos que se prevé xeren emprego na cidade da Coruña nun futuro próximo.
Un dos obxectivos da análise é que estas conclusións poidan servir de base para as futuras programacións formativas das entidades integrantes da Rede Coruña Emprega, como medida de fomento do emprego e mellora da empregabilidade.
Para a elaboración deste informe consultáronse as seguintes fontes de información:
- Análise da intermediación laboral realizada con 59 empresas da Coruña e bisbarra nos seguintes sectores productivos:
Sector: Actividades sanitarias e de servizos sociais
Subsector: servizo de axuda a domicilio
Subsector: establecementos sanitarios
Sector: Actividades administrativas e de servizos auxiliares:
Subsector: sistemas de seguridade e de servizos auxiliares
Sector. Industria manufactureira:
Subsector: Fabricación e montaxe de maquinaria e equipo industrial
Subsector: Fabricación e montaxe de estruturas metálicas
Subsector: Fabricación de carpintaría metálica
Subsector: Construción e reparación de buques
Subsector: Fabricación de productos de madera e de mobles.
Sector: Construción:
Subsector: Instalacións eléctricas, de fontanaría; enerxías renovables e outras instalacións en obras de construción.
- Análise de 562 ofertas de traballo realizadas a través do programa de Intermediación Laboral do Centro Municipal de Emprego do Concello da Coruña durante o ano 2009.
- Datos aportados polo Observatorio Sociolaboral do Centro Municipal de Emprego. Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio, Consumo e Turismo.
- Datos estatísiticos do Instituto Galego das Cualificacións. Consellería de Traballo e Benestar
- Análise de información publicada en prensa.