jueves, 28 de abril de 2011

Introdución

A actual situación de dificultades económicas e financeiras, que implica un aumento importante na perda de postos de traballo, demanda unha actuación específica dos poderes públicos cara ao impulso de actuacións que reforcen os sectores produtivos, promovan un maior desenvolvemento do territorio e de políticas activas de emprego que melloren a empleabilidade na cidade da coruña.

O proxecto REDE CORUÑA EMPREGA promovido polo Concello da Coruña conforme ás orientacións establecidas polo Ministerio de Administracións Públicas, e cofinanciado pola Unión Europea (Fondo Social Europeo), pretende facilitar a inserción laboral mellorando a empleabilidade de persoas demandantes de emprego con especiais dificultades para a súa inserción no mercado de traballo, ao mesmo tempo que se contribúe á inclusión social e á conciliación da vida persoal e laboral.

Este proxecto considera a creación dunha rede destinada ao establecemento dun pacto local polo emprego, o desenvolvemento de itinerarios integrados de inserción sociolaboral a través da execución de diferentes accións de capacitación para o emprego, así como a elaboración de estudos técnicos relacionados coa prospección de necesidades potenciais en materia de formación para o emprego no municipio.

As persoas participantes nos itinerarios integrados de inserción sociolaboral pasarán polas fases de orientación, formación, dotación de experiencia profesional, e acompañamento directo á inserción laboral, conseguindo que os participantes adquiran un perfil profesional que actualmente está a ser demandado no mercado de traballo.

Conclusións

Podemos concluír que do número de persoas atendidas inicialmente no proxecto, o 46% comprometéronse cun itinerario integrado de inserción, aumentando sensiblemente o número de homes (66%) inmigrantes e menores de 30 anos, con respecto ao ano 2009.

O Módulo de orientación e motivación para a busca de emprego (MOBE) é un recurso imprescindible para o proxecto, xa que ademais de axudar na definción do obxectivo profesional, é unha ferramenta que serve como filtro para o acceso ás accións formativas e prácticas profesionais.
A formalización do proceso de derivación facilitou a coordinación entre as entidades colaboradoras e o equipo de orientación laboral do proxecto, reforzando as estruturas de traballo en rede.

O éxito de inserción laboral acadado en 2010 (61.49% das pesoas que finalizan o itinerario) permiteu validar a metodoloxía dos itinerarios Rede como instrumento eficaz para a incorporación ao mercado laboral.

miércoles, 27 de abril de 2011

Memoria 2010



Durante o ano 2010, o equipo técnico informou sobre o proxecto e outros recursos de emprego a 423 persoas, destas, 302 pasaron por unha entrevista de diagnóstico inicial, e 141 concertaron un itinerario integrado de inserción personalizado.


Os perfís das persoas demandantes de emprego, que participaron no Proxecto, pertencen, maioritaramente aos seguintes colectivos:

  • Menores de 30 anos sen formación.
  • Inmigrantes.
  • Maiores de 45 anos.
  • Persoas en paro de longa duración.


No ano 2010 o proxecto colaborou con 28 entidades, programas e servizos para a derivación e seguimento personalizado das persoas en situación de desemprego.

Impartíronse 12 Módulos de Orientación e Motivación para o Emprego (MOBE), que finalizaron con éxito 177 persoas. Esta acción está pensada para abordar a busca de emprego dende unha perspectiva personalizada, a través da definición de obxectivos, da diversificación profesional e da información laboral básica.


Ao logo deste ano, desenvolvéronse 13 itinerarios formativos, con 195 participantes nas seguintes especialidades:


  •  Atención sociosanitaria a personas en institucións
  • Transporte asistido e adaptado
  • Electricidade de edificios
  • Montaxe de mobles e elementos de carpintaria
  • Insatalación de elementos de carpintaría
  • Enerxías renovables en edificios
  • Instalacións solares fotovoltaicas
  • Soladura mig mag
  • Auxiliar de servizos
  • Atención especializada na enfermidade de Alzheimer
  • Coidado de persoas con dispacapacidade física e psíquica
  • Enerxía solar térmica
  • Atención sociosanitaria no domicilio (2ª edición)


Cada Itinerario leva asociada formación complementaria en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, fomento da non discriminación e loita contra a exclusión social, novas tecnoloxías da información e comunicación, coidado e respecto ao medio ambiente.


A Prevención de Riscos laborais e a formación para o autoemprego, son outros módulos impartidos durante 2010.


Mención especial merece a xestión de prácticas profesionais titorizadas en empresas, concebidas como un módulo específico e obrigatorio en todos os itinerarios. A duración das prácticas oscila entre as 80 e as 120 horas.


As empresas contactadas valoran moi positivamente a posibilidade de asumir estadías de prácticas, que permiten ao alumnado obter os coñecementos que complementan a formación, e acceder aos seus procesos de selección de persoal.


O Proxecto Rede Coruña Emprega realizou contacto con 166 empresas, asináronse 65 convenios de colaboración, o que supuxo a realización de 22.000 horas de prácticas nun entorno laboral real.


A valoración das prácticas por parte das empresas é moi positiva, especialmente no que se referire á organización do proceso e á información personalizada, acadando nas valoracións de satisfacción un 3.46 sobre 4.


O proceso de intermediación laboral realízase “a medida”, a través do contacto con empresas especializadas nos sectores económicos onde se imparte a formación específica dos itinerarios.


A relación co tecido empresarial ten os seguites obxectivos :


a) Xestionar ofertas de emprego a través do envio de candidaturas axeitadas ás necesidades das empresas.


b) Colaborar co empresariado na realización de prácticas profesionais titorizadas.


c) Coñecer as necesidades das empresas sobre perfis profesionais que demandan, ocupacións máis solicitadas, tipos de contratos que realizan, necesidades formativas do persoal, etc.


 Como resultado das intervencións, no ano 2010, acadáronse 104 insercións laborais, 47 homes e 57 mulleres, o que supón o 61.49% das persoas beneficiarias.


A media de inserción laboral acadada ao longo do proxecto Rede Coruña Emprega (2009 e 2010) é do 52.2%. Concretamente, en sectores como a atención sociosanitaria, o 86% das beneficiarias atoparon un emprego ao finalizar o seu itinerario personalizado.


Algunhas accións desenvolvidas nos Grupos de Traballo do Pacto Local polo Emprego foron:


  • Catálogo de accións de formación das entidades da Rede para 2010
  • Propostas para a mellora da planificación da formación ocupacional e continuada das entidades
  • Accións de formación para a capacitación técnica do persoal das entidades da Rede
  • Catálogo de accións prelaborais desenvolvidas polas entidades da Rede (alfabetización, inmersión lingüística, informática básica, habilidades sociais, etc)
  • Posta en marcha do procedemento de derivación externa entre entidades especializadas da Rede
  • Análise dos servizos prestados no ámbito do emprendemento
  • Creación do distintivo REDE (Recoñecemento de Empresa/Entidade pola Diversidade no Emprego) dirixido a visibilizar o compromiso de empresas e entidades coa inserción laboral
  • Detección das boas prácticas xeradas polas entidades da Rede Coruña Emprega
  • Recomendacións para a aplicación da transversalidade de xénero nas políticas das entidades
  • Deseño da Páxina web da Rede Coruña Emprega
  • Proceso de avaliación da satisfacción das entidades
  • Renovación do Pacto Local polo Emprego


lunes, 25 de abril de 2011

As obras do porto exterior da Coruña poderían rematarse a finais de ano

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Vinte entidades subscriben o proxecto "Rede Coruña Emprega"

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Marineda City creará máis de 4.500 empregos directos

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Memoria 2009

Itinerarios integrados de inserción

Durante o ano 2009, o equipo técnico informou sobre o proxecto e outros recursos de emprego a 534 persoas, de éstas, 380 pasaron por unha entrevista de diagnóstico inicial, e 269 concertaron un Itinerario Integrado de Inserción.



No ano 2009 formalizouse a derivación e seguimento das persoas que acceden ao proxecto Rede Coruña Emprega con 21 entidades, programas e servizos:



Impartíronse 12 Módulos de Orientación e Motivación para o Emprego (MOBE). Esta acción está pensada para abordar a busca de emprego dende unha perspectiva personalizada, a través da autodiagnose, da definición de obxetivos, da diversificación profesional e da información laboral básica.

Realizáronse 7 Itinerarios Integrados de Inserción con 105 participantes.









lunes, 18 de abril de 2011

Conclusións

O mercado laboral está intimamente ligado á detección de necesidades de formación profesional, ocupacional e continua, que se pode planificar dende os diferentes servizos e progamas municipais.

Debemos ter en conta que a economía que sustenta este mercado é cambiante, pero a súa constante é que esixe cada vez máis especialización profesional. Por isto, a planificación de accións debe conxugar a satisfacción das necesidades básicas de formación das persoas con esa especialización que demanda a empresa.

A este respecto, do Estudo sobre a situación dos servizos de apoio á busca de emprego no Concello da Coruña realizado no marco do proxecto Rede Coruña Emprega, podemos extraer a seguintes conclusións:

-              Entre accións formativas en sectores profesionais considerados polas entidades como xeradores de emprego son habituais cursos de atención á dependencia e servizos sociais en xeral, novas tecnoloxías ou enerxías renovables.

-              Denótase unha falla de adaptabilidade a nivel xeral entre a oferta formativa das entidades e as necesidades do mercado laboral. Isto é debido a unha certa rixidez na programación da oferta suxeita a subvencións onde as entidades teñen unha baixa capacidade de decisión.

-              Reflíctese unha falta de adaptabilidade entre os persoas demandantes de emprego e as necesidades formativas que require actualmente o mercado. Hai que programar a formación en función das necesidades do mercado laboral non en función das demandas de formación das persoas, o que implica un esforzo na orientación laboral.

-              Considérase preciso sensibilizar ás empresas e ás entidades sobre a necesidade de programar formación contínua como mecanismo de mellora da competitividade.

-              Apréciase unha certa concentración da programación formativa en determinadas épocas do ano. Esta estacionalización vai en detrimento dun maior aproveitamento das accións por parte da cidadanía.


Resultados

A Rede Coruña Emprega, que se desenvolveu no período 2008-2010 contou cun presuposto de 2.024.958 euros e estivo financiado nun 80% polo Fondo Social Europeo. O 20% restante polo Concello da Coruña.
Dende este programa establecéronse dous obxetivos: detectar as oportunidades de emprego na cidade da Coruña e realizar unha formación idónea para esas necesidades de emprego.

Por iso realizouse un análise da situación dos servizos de apoio á busca de emprego na Coruña e un estudio sobre o impacto no emprego do Porto Exterior.
Unha vez realizado este primer paso o Concello asinou un Pacto Local polo Emprego con 20 entidades tanto do tercer sector, como sindicatos, entidades financieiras e Universidade da Coruña.

Entre as accións que se levaron a cabo a través do Pacto Local polo Emprego están o desenvolvemento de itinerarios integrados de inserción laboral, a visibilización das boas prácticas e a creación do Distintivo REDE.

A intermediación laboral coas empresas foi un dos logros conseguidos pola Rede Coruña Emprega, xa que se logrou contactar con 166 empresas coas que se firmaron 65 convenios de colaboración, 223 estancias de prácticas, ademáis de levar a cabo 22.000 horas de prácticas.

En canto ós resultados dos itinerarios acadouse a inserción do 52% das persoas participantes. En total coseguiron emprego 117 persoas, (39 homes e 78 mulleres). Por sectores, a maior porcentaxe de inserción foi o sociosanitario (axuda a domicilio, discapacidade) cun 86%, actividades administrativas (67%), enerxías renovables (50%) fabricación mecánica (50%) e transporte adaptado e asistido, (43%).

Actuacións no futuro

No presente ano 2011 non se resolverá a seguinte convocatoria ata o próximo mes de xuño. Namentres, e co obxetivo de non paraliza-lo Proxecto, a Consellería de Promoción realizou un importante esforzo presupostario para darlle continuidade ao programa durante os próximos meses con recursos propios.

Henrique Tello anunciou que dende a Consellería de Promoción Económica poñeranse en contacto coa totalidade do empresariado coruñés para saber cales son as súas oportunidades de emprego e trazar así novos itinerarios de inserción.

De cara ó futuro, a Rede Coruña emprega póñense coma obxetivos atender a 2.000 persoas, acadar a inserción laboral de 1.000 despedidos, concertar 1.650 itinerarios e chegar a convenios con empresas que permitan 50.000 horas de prácticas.


En 2011 o proxecto Rede Coruña Emprega ten, tamén, entre outros, os seguientes obxectivos:


  • Desenvolvemento de Itinerarios Personalizados de Inserción Sociolaboral.
  • Coordinación e mellora da formación ocupacional, dos servizos de orientación e intermediación laboral da cidade da Coruña.
  • Deseño de itinerarios de asesoramento ao autoemprego, compartidos entre entidades especializadas do Pacto Local polo Emprego.
  • Recoñecemento e posta en valor das boas prácticas xeradas pola Rede Coruña Emprega.
  • Coordinación de accións para a mellora da calidade no emprego.
  • Coordinación de medidas de conciliación facilitadoras da participación na formación e prácticas.
  • Recoñecemento de empresas e entidades socialmente responsables, a través do distintivo REDE.
  • Información, publicidade e accións de divulgación ou difusión.

Análise cuantitativa

A continuación analízanse as ofertas de emprego xestionadas polo Programa Municipal de Intermediación Laboral durante o ano 2009.


O Programa de Intermediación Laboral é un servicio de atención a persoas en situación de desemprego ubicado no Centro Municipal de Emprego dos Rosales, dependente da Concellaría de Promoción Económica, Emprego Comercio, Consumo e Turismo do Concello da Coruña.


Sobre unha mostra de analise de 562 ofertas de traballo presentadas, case o 25% destas fíxose sobre postos de dependentes/as (53), teleoperadores/as (50) caixeiros/as (10), técnicos/as post venda (6), promotores/as (5), azafatos/as (4), expendedor/a de gasolineiras (4) e outro persoal de atención a clientela (4)

Case un 15% das ofertas fixéronse sobre postos de comerciais, entre os que se inclúen asesoría comercial (63), axentes de seguros (16) e xestión de cobramentos (2).

Un 11,21% das ofertas estiveron relacionadas co sector da hostalería. Inclúense aquí postos de axudantes de cociña (22), axudantes de camareiro/a (20), camareiros/as (12) e cociñeiros/as (9)


Un 10,50% das ofertas foron de postos de oficiais relacionados co sector da construción. Inclúense aquí as seguintes ocupacións: albanelería (32), electricidade (9), soldadura (4), encargado/a de obra (3) e resto de oficiais: caldeirería, carpintaría, encofradores/as, fontanería, pintura e manexo de palas (11)

Case un 10% das ofertas foron de persoal técnico cualificado entre o que se inclúe: Instaladores/as e montadores/as (29), encargado/a de sala (7), deseñador/a gráfico (5), enquisadores/as (5), técnico/a de mantemento (4) e resto: operario/a de máquina de impresión, inspector/a mecánico e contable (6).

Case un 5% das ofertas fíxose sobre postos relacionados co sector sanitario e de servizos sociais, entre as que se inclúen auxiliares de axuda a domicilio (8), xerocultores/as (7), condutores/as de transporte adaptado (3), auxiliares de enfermería(3), coidadores/as de persoas con alzheimer (2) e resto de ocupacións: asistente persoal, enfermeiro/a e coidador/a (6)

Case un 4% das ofertas foron de postos de persoal de limpeza: limpadores/as (22).

Un 3,74% das ofertas foron de postos do sector da formación, educación e ocio, entre os que se inclúen as seguintes ocupacións: docentes varios (9), técnico/a en educación infantil (8), monitores/as socioculturais (3) e guías turísticos (1)

Un 3, 38% foron de postos de mozos/as de almacén e carretilleros/as (19) e un  3,20% de servizos persoais, entre os que incluímos: empregados/as de fogar (13) e perruqueiro/as e axudantes (5).

Un 2,49% das ofertas foron de planchadores/as (14) e o resto, un 8%, inclúen postos de traballo non incorporados en ningunha das categorías anteriores como son: traballos de tipo administrativo (7), condutores/as repartidores/as (7), técnicos e técnicas superiores (5) e outros (26).

Sector da construcción

Os contactos con empresas neste sector realizáronse para intermediar co perfil profesional de Instalacións de sistemas de enerxía solar térmica, que soen ser contratados nos subsectores de Instalacións eléctricas, fontanaría; enerxías renovables e outras instalacións en obras de construción.

Os sistemas de enerxía solar térmica, son todos aqueles aproveitamentos (electricidade, calefacción e auga quente) que se poden facer gracias á instalación de paneles solares ubicados en edificios, utilizando como fonte de enerxía os raios solares.

Ainda que esta é unha profesión con escasa implantación nas empresas da cidade e a súa área de influencia, existen algunhas relaciondas coa electricidade e a fontanería que están a realizar traballos de instalación de sistemas de enerxía solar.

O perfil de persoa que se soe contratar é a dun home, preferiblemente con formación en fontanería. Requírense coñecementos técnicos, pero que ao mesmo tempo sexan capaces de realizar traballos  non especializados como abrir foxos, levantar ou tirar muro... o que implica unha boa habilidade no uso de ferramentas manuais.

Un dos requisitos máis valorados, e que permite acceder con maior facilidade ao mercado laboral, é a obtención do “carné de instalador fontaneiro”, que se obtén a través da superación das probas convocadas pola Consellería de Innovación e Industria.

Sector da industria manufactureira

A intermediación neste sector realizouse nos subsectores de fabricación e montaxe de maquinaria e equipo industrial, fabricación e montaxe de estruturas metálicas, carpintaría metálica e construción e reparación de buques, específicamente para os perfís profesionais de soldadura ao arco eléctrico e soldadura mig-mag.

A actual situación de crise económica afectou tanto ás grandes como ás pequenas empresas destes subsectores, aínda que se visibilizou máis nas pequenas, debido á súa dependencia case absoluta das subcontratacións.

A maioría das empresas contactadas tiveron que reducir plantilla, aínda que a previsión para a segunda metade de 2010 é positiva, en canto á apertura de novos procesos de contratación.

Os requisitos profesionais esixidos en soldadura no último ano aumentaron considerablemente. Na actualidade o perfil da persoa contratada é a dun home con idade comprendida entre os 25 e os 45 anos, con experiencia en soldadura Mig-Mag.

Valóranse especialmente os perfis polivalentes que poidan realizar outras tarefas no uso de ferramentas manuais, traballos de pintura, interpretación de planos e coñecementos de calderería ou de montaxe e ensamblaxe de pezas. En moitas ocasións, requirese dispoñibilidade para viaxar fora de Galicia.

Por outra banda, a existencia dunha importante bolsa de persoas desempregadas con moita formación e experiencia nestes subsectores, supón que as menos cualificadas ou as que  adquiriron formación a partir do ano 2009 teñan moitas dificultades para poder insertarse laboralmente, xa que a empresa ten a posibilidade de elixir candidaturas con moita experiencia.

Por último, a intermediación no subsector de fabricación de productos de madeira e mobles realizouse para obter información dos perfís profesionais de montaxe de mobles e de instalación de elementos de carpintaría, que se corresponden con dous novos Certificados de Profesionalidade que sustitúen ao derogado de carpintaría.

Dos contactos con empresas pode extrarse a seguinte información relativa aos perfis máis demandados:

As preferencias céntranse en persoas mozas, preferiblemente homes, ainda que tamén se contratan mulleres.

A empresa soe contratar mozos e mozas sen experiencia antes que maiores con experiencia. Requiren asimesmo que sexan polivalentes, capaces de realizar outras tarefas relacionadas co uso de ferramentas manuais, traballos de pintura de madeira, etc.

Outro aspecto a destacar é a necesidade de contar con vehículo para o desprazamento ao lugar de traballo, xa que a maioría das empresas destes subsectores están ubicadas na periferia da cidade da Coruña ou en concellos limítrofes (Arteixo, Culleredo, Bergondo, Sada).

Sector de actividades administrativas e servizos auxiliares

A intermediación realizouse concretamente co subsector das empresas de vixilancia e servicios auxiliares.

O posto de auxiliar de servizos é un perfil que este tipo de empresas está a contratar con moita frecuencia. Trátase dunha categoría inferior á de vixiante de seguridade e as súas funcións son as de control de mercancías,  comunicacións, recepción e atención á clientela.

Existe unha formación específica de Auxiliar de Servizos que imparten de forma habitual as empresas privadas de formación, e tamén forma parte dos Itinerarios que se están a levar a cabo no Proxecto Rede Coruña Emprega.

O perfil de persoa contratada varía moito segundo os requerimentos da clientela. As idades están comprendidas entre os 25 e os 40 anos, e a porcentaxe de homes contratados acada o 70 %.

En canto ás carácterísticas personais mellor valoradas están a facilidade de comunicación, o carácter extrovertido e “don de xentes”, así como posuir coñecementos en ofimática.

Auxiliar de servizos soe ser un posto de entrada na empresa, servindo unha vez completada a formación necesaria, para a posterior promoción a categorías superiores, como o de vixiante de seguridade. Hai que ter en conta que a seguridade privada é un sector catalogado como novo “xacimento de emprego” no cal se prevee un incremento na  contratación de profesionais durante os próximos anos.
En canto os requisitos de acceso a profesión de vixiante de seguridade estes veñen determinados por:

-          A posesión do título de Graduado en educación secundaria obligatoria.
-           Posuir o diploma o certificación acreditativa de superar o curso corrrespondiente nos centros de formación de seguridade privada autorizados pola Secretaría de Estado de Seguridade.
-          Superar as probas  de selección que convoca o Ministerio de Interior a través da Secretaría de Estado de seguridade.

Sector de actividades sanitarias e servizos sociais

O servizo de axuda a domicilio emprega a un perfil profesional que responde  ás seguintes características: muller con idade comprendida entre os 30 e os 45 anos.

Existen moitas dificultades para intermediar con homes, debido a que os requerimentos da clientela das empresa van dirixidos á solicitude exclusiva de mulleres, chegando a rexeitar explicitamente, en case tódolos casos a contratación de homes. Concretamente, dende o proxecto Rede Coruña Emprega só se acadou a contratación dun home neste sector.

 Requírese por parte das empresas unha formación capacitante cunha duración extensa. Non se valoran os cursos de duración inferior as 400 horas, e de forma xeral, solicítase que a formación a impartir siga a programación do Certificado de Profesionalidade da Xunta de Galicia (Atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio).

Os contratos realizados son inicialmente a tempo parcial, con medias xornadas que van aumentando a súa duración a medida que se vai adquirindo experiencia.

As empresas de axuda a domicilio manifestan que a súa carga de traballo tamén se veu afectada pola actual situación de crise económica e financieira, disminuindo principalmente a demanda de servizos puntuais e de curta duración.

Por regra xeral, as empresas nútrense das candidaturas das súas propias bases de datos, pero moitas veces o aumento na carga de traballo é imprevisible neste sector, o que fai que se valore positivamente contar constantemente con novas candidaturas.

Nos períodos festivos e de verán aumenta a contratación como consecuencia da cobertura de vacacións e baixas laborais.

Os establecementos sanitarios forman un subsector que está demandando persoal con formación especializada.

É preciso facer unha distinción entre os establecementos públicos (ou privados sostidos con fondos públicos) e os establecementos íntegramente privados.

Nos establecementos públicos, a formación que se require é unha formación regrada ou homologada (FP de grado medio de Cuidados Auxiliares de Enfermería) ou ben formación ocupacional impartida pola Xunta de Galicia a través dos seus centros colaboradores (Plan AFD).

Nos establecementos privados non se esixe que a formación estéa homologada oficialmente. Valórase aquela que segue a programación do Certificado de Profesionalidade da Xunta de Galicia (Atención sociosanitaria a persoas dependentes en Institucions sociais), pero contrátase persoal con formación de menor duración e incluso con formación en atención de persoas no domicilio.

Ao igual que no sector de axuda a domicilio, o perfil solicitado é o de muller de entre 30 e 45 anos. O tipo de contrato inicial é temporal de curta duración, xeralmente a media xornada. Os contratos prorróganse e van aumentando a xornada ata chegar ao tempo completo, correlativamente á adquisición de experiencia.

Unha das características que máis se valoran nos procesos selectivos é a capacidade do persoal para ser asertivo e empático coas persoas residentes (anciáns, con discapacidade..), ao tempo que se soe esixir disponibilidade para traballar a turnos e se valora a experiencia previa en postos similares.

Os contratos neste sector están caracterizados por unha alta estacionalidade, derivada da cobertura de vacacións, o que facilita as novas contratacións. O período de vacacións comenza no mes de maio e esténdese ata setembro ou outubro.

Considerando todos os subsectores que compoñen o sector sociosanitario, o número de persoas usuarias do proxecto Rede Coruña Emprega que son contratadas despois da finalización do seu itinerario é de 31 persoas sobre un total de 89 o que supón unha porcentaxe do 34,83 %.

Análise da prospección laboral

Análise do proceso de intermediación laboral do Proxecto Rede Coruña Emprega.

O proceso de intermediación laboral é unha parte fundamental dos itinerarios integrados de inserción que se levan a cabo no Proxecto Rede Coruña Emprega. Este proceso é a vía que permite coñecer as necesidades do mercado laboral e poñer en contacto ás pesoas usuarias do proxecto coas ofertas de emprego que realizan as empresas.

O proceso de intermediación realízase “a medida”, en tanto en canto implica o contacto con empresas especializadas nos sectores económicos onde se imparte a formación específica dos itinerarios programados no proxecto.

Os contactos con empresas teñen unha doble finalidade:

a) Permiten realizar a xestión de ofertas de emprego e o envío de candidaturas ás empresas.

b) Permiten xestionar a colaboración do empresariado na realización de prácticas formativas titorizadas como parte fundamental dos itinerarios integrados de inserción.

Ademais, a intermediación laboral cumpre coa importante función de coñecer de primeira man as necesidades das empresas dende o punto de vista dos seus recursos humanos: perfis profesionais que demandan, ocupacións mais solicitadas, tipos de contratos que realizan, necesidades formativas do persoal a contratar, etc.

 A acollida por parte das empresas do proxecto Rede Coruña Emprega en xeral,  e do procedemento de intermediación laboral en particular é moi boa. Todas as empresas contactadas valoran de forma moi positiva a información personalizada e os contactos realizados.

Mención especial merece a xestión de prácticas profesionais titorizadas en empresas por parte do proxecto, concebidas como un módulo específico e obrigatorio en todos os itinerarios integrados de inserción planificados. A duración destas prácticas oscila entre as 80 e as 120 horas.

As empresas contactadas valoran moi positivamente a posibilidade de asumir estadías de prácticas, o que permite ao alumnado obter os coñecementos que complementan a formación ocupacional realizada. Ao mesmo tempo, serven de vía de acceso á empresa, permitindo ao empresariado coñecer o desempeño real de candidatos e candidatas para incorporar nos seus procesos de selección de persoal.

Do total de empresas dos sectores profesionais onde se realizou a formación específica, un 69,44 % ofrecen a posiblidade de xestionar prácticas nos seus centros de traballo.

Outro dato importante é que casi o 40 % das persoas que finalizan as prácticas formativas titorizadas con éxito son contratadas polas mesmas empresas onde as realizan.

Pódese afirmar que as prácticas formativas que complementan a formación ocupacional son unha ferramenta fundamental como elemento que facilita o acceso ao mercado laboral.

Análise da prospección laboral e sectores económicos xeradores de emprego

Este informe está elaborado en base aos datos e conclusións extraidas do traballo de prospección e intermediación laboral realizado polo Proxecto Rede Coruña Emprega cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

A través do mesmo preténdese analizar cáles son as ocupacións e perfís profesionais que demandan as empresas da Coruña e da súa área de influencia.

Na última parte do informe analízanse os sectores económicos que se prevé xeren emprego na cidade da Coruña nun futuro próximo.

Un dos obxectivos da análise é que estas conclusións poidan servir de base para as futuras programacións formativas das entidades integrantes da Rede Coruña Emprega, como medida de fomento do emprego e mellora da empregabilidade.

Para a elaboración deste informe consultáronse as seguintes fontes de información:

  • Análise da intermediación laboral realizada con 59 empresas da Coruña e bisbarra nos seguintes sectores productivos:

Sector: Actividades sanitarias e de servizos sociais
Subsector: servizo de axuda a domicilio
Subsector: establecementos sanitarios

Sector: Actividades administrativas e de servizos auxiliares:
Subsector: sistemas de seguridade e de servizos auxiliares

Sector. Industria manufactureira:
Subsector: Fabricación e montaxe de maquinaria e equipo industrial
Subsector: Fabricación e montaxe de estruturas metálicas
Subsector: Fabricación de carpintaría metálica
Subsector: Construción e reparación de buques
Subsector: Fabricación de productos de madera e de mobles.

Sector: Construción:
Subsector: Instalacións eléctricas, de fontanaría; enerxías renovables e outras instalacións en obras de construción.




  • Análise de 562 ofertas de traballo realizadas a través do programa de Intermediación Laboral do Centro Municipal de Emprego do Concello da Coruña durante o ano 2009.

  • Datos aportados polo Observatorio Sociolaboral do Centro Municipal de Emprego. Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio, Consumo e Turismo.

  • Datos estatísiticos do Instituto Galego das Cualificacións. Consellería de Traballo e Benestar

  • Análise de información publicada en prensa.

jueves, 14 de abril de 2011

Conclusións

Respecto aos resultados estatísticos obtidos, extráense as seguintes conclusións principais:
En primeiro lugar, os segmentos de negocio que concentran maior número de man de obra son:

• En primeira liña portuaria:
- Armadoras.
- Empresas consignatarias.
- Empresas estibadoras.
- Empresas remolcadoras.

• En segunda liña portuaria:
- Almacenamento e depósitos.
- Comercializadoras de peixe.
- Enerxía.
- Transporte e loxística.

• Empresas de importación/exportación:
- Industria madeireira.
- Industria conserveira.
- Maquinaria industrial e de automoción, electrónica e comunicacións.
- Industria da alimentación e bebidas.

En segundo lugar, os salarios netos mensuais máis elevados danse nas industrias de primeira liña portuaria (1.617,77 €). Pero, cando se ten en conta o tamaño das empresas, as que máis pagan son as grandes con diferencias moi importantes, que alcanzan ata o 60%.

En terceiro lugar, as empresas procederon a realizar novas contratacións no último ano nun 49,10% e baixas nun 46,39%. A maior parte das altas concéntranse en primeira liña portuaria ou nas empresas grandes.
Os segmentos de negocio que máis altas de novos traballadores realizaron son:
• Obras marítimas.
• Enerxía.
• Axentes de alfándegas.
• Concesionaria do porto deportivo.


En carto lugar, as perspectivas das empresas respecto á apertura do Porto Exterior da Coruña son positivas:
• Respecto á propia empresa nun 45,60% (o 46,30% pensa que non influirá e o 2,77% que son malas)
• Respecto á provincia da Coruña e zonas limítrofes nun 75,43% (o 6,39% pensa que non influirá e o 8,11% que son malas)

En quinto lugar, os aspectos respecto á relación co futuro Porto Exterior da Coruña que os empresarios indican como “moi importantes” son:
• Actualmente realizan importación/exportación/grupaxe noutros portos e estarían dispostos a cambiar ao Porto Exterior da Coruña en caso de que sexa rendible e haxa instalacións axeitadas.
• Aumento do volume de mercadorías (importación/exportación) e da demanda asociada.
• Aumento do emprego, crecemento económico.

Os puntuados como “importantes” son:
• Aumento do volume de traballo, da produtividade (abaratamento de custos) e da competitividade.
• Dúbidas sobre a pertinencia estratéxica e/ou a rendibilidade do Porto Exterior.
• Mellora condicionada a unha intensificación por parte da Autoridade Portuaria da actividade comercial de captación de tráficos e novas liñas, e maior eficiencia na xestión de operacións e recursos.
• Beneficios ambientais.

En sexto lugar, as empresas que buscan actualmente novos traballadores e traballadoras son un 10,84% da mostra. Pero coa posta en funcionamento do Porto Exterior, esa busca poderíase incrementar ata o 14,57%.

En sétimo lugar as empresas da mostra dánlle máis importancia ao currículo en competencias específicas respecto ao currículo formal. As necesidades formativas específicas que demandan son:
• Cualificadas como “moi importantes”:
- Mariñeiro pescador.
- Loxística do transporte marítimo.
- Xestión/Administración/Márketing/Proxección comercial.
- Comercio exterior (actualidade normativa, procedementos, novos mercados).
- Electrónica/Telecomunicacións/Autómatas.

• Cualificadas como “importantes”:
- Mecánica (xeral, propulsión, hidráulica, CAD)
- Despezamento, corte, empaquetado e recoñecemento do peixe.
- Estiba/Desestiba/Operador de guindastre/Pantaláns.
- Patrón local de pesca/Patrón costeiro equivalente.
- Idiomas.
- Riscos laborais, prevención e seguridade portuaria.
- Soldadura/Tornaría.
- Ofimática orientada ao negocio marítimo.
- Patrón de embarcacións.


En oitavo lugar, un aspecto complementario ás necesidades formativas é o que fai referencia á formación continua, onde o 56,34% das empresas demandan cursos de formación, principalmente no sector de primeira liña portuaria.

En noveno lugar, a conclusión que se extrae respecto aos métodos de busca de novos traballadores e traballadoras é que as redes informais son o método máis utilizado no 73,86% dos casos.

Por último, nas empresas entrevistadas analízase a proporción de homes (71,96%) e de mulleres (28,04%). A participación feminina redúcese, sobre todo, no ámbito de empresas da segunda liña portuaria (24,73%). Tamén se pode afirmar que canto maior é o tamaño da empresa, menor é o desequilibrio de xénero. Para concluír, pódese afirmar que existe unha acusada segregación das mulleres en establecementos de baixos salarios, cun efecto cuantitativamente importante.