lunes, 18 de abril de 2011

Resultados

A Rede Coruña Emprega, que se desenvolveu no período 2008-2010 contou cun presuposto de 2.024.958 euros e estivo financiado nun 80% polo Fondo Social Europeo. O 20% restante polo Concello da Coruña.
Dende este programa establecéronse dous obxetivos: detectar as oportunidades de emprego na cidade da Coruña e realizar unha formación idónea para esas necesidades de emprego.

Por iso realizouse un análise da situación dos servizos de apoio á busca de emprego na Coruña e un estudio sobre o impacto no emprego do Porto Exterior.
Unha vez realizado este primer paso o Concello asinou un Pacto Local polo Emprego con 20 entidades tanto do tercer sector, como sindicatos, entidades financieiras e Universidade da Coruña.

Entre as accións que se levaron a cabo a través do Pacto Local polo Emprego están o desenvolvemento de itinerarios integrados de inserción laboral, a visibilización das boas prácticas e a creación do Distintivo REDE.

A intermediación laboral coas empresas foi un dos logros conseguidos pola Rede Coruña Emprega, xa que se logrou contactar con 166 empresas coas que se firmaron 65 convenios de colaboración, 223 estancias de prácticas, ademáis de levar a cabo 22.000 horas de prácticas.

En canto ós resultados dos itinerarios acadouse a inserción do 52% das persoas participantes. En total coseguiron emprego 117 persoas, (39 homes e 78 mulleres). Por sectores, a maior porcentaxe de inserción foi o sociosanitario (axuda a domicilio, discapacidade) cun 86%, actividades administrativas (67%), enerxías renovables (50%) fabricación mecánica (50%) e transporte adaptado e asistido, (43%).