No presente ano 2011 non se resolverá a seguinte convocatoria ata o próximo mes de xuño. Namentres, e co obxetivo de non paraliza-lo Proxecto, a Consellería de Promoción realizou un importante esforzo presupostario para darlle continuidade ao programa durante os próximos meses con recursos propios.
Henrique Tello anunciou que dende a Consellería de Promoción Económica poñeranse en contacto coa totalidade do empresariado coruñés para saber cales son as súas oportunidades de emprego e trazar así novos itinerarios de inserción.
De cara ó futuro, a Rede Coruña emprega póñense coma obxetivos atender a 2.000 persoas, acadar a inserción laboral de 1.000 despedidos, concertar 1.650 itinerarios e chegar a convenios con empresas que permitan 50.000 horas de prácticas.
En 2011 o proxecto Rede Coruña Emprega ten, tamén, entre outros, os seguientes obxectivos:
En 2011 o proxecto Rede Coruña Emprega ten, tamén, entre outros, os seguientes obxectivos:
- Desenvolvemento de Itinerarios Personalizados de Inserción Sociolaboral.
- Coordinación e mellora da formación ocupacional, dos servizos de orientación e intermediación laboral da cidade da Coruña.
- Deseño de itinerarios de asesoramento ao autoemprego, compartidos entre entidades especializadas do Pacto Local polo Emprego.
- Recoñecemento e posta en valor das boas prácticas xeradas pola Rede Coruña Emprega.
- Coordinación de accións para a mellora da calidade no emprego.
- Coordinación de medidas de conciliación facilitadoras da participación na formación e prácticas.
- Recoñecemento de empresas e entidades socialmente responsables, a través do distintivo REDE.
- Información, publicidade e accións de divulgación ou difusión.