lunes, 18 de abril de 2011

Análise cuantitativa

A continuación analízanse as ofertas de emprego xestionadas polo Programa Municipal de Intermediación Laboral durante o ano 2009.


O Programa de Intermediación Laboral é un servicio de atención a persoas en situación de desemprego ubicado no Centro Municipal de Emprego dos Rosales, dependente da Concellaría de Promoción Económica, Emprego Comercio, Consumo e Turismo do Concello da Coruña.


Sobre unha mostra de analise de 562 ofertas de traballo presentadas, case o 25% destas fíxose sobre postos de dependentes/as (53), teleoperadores/as (50) caixeiros/as (10), técnicos/as post venda (6), promotores/as (5), azafatos/as (4), expendedor/a de gasolineiras (4) e outro persoal de atención a clientela (4)

Case un 15% das ofertas fixéronse sobre postos de comerciais, entre os que se inclúen asesoría comercial (63), axentes de seguros (16) e xestión de cobramentos (2).

Un 11,21% das ofertas estiveron relacionadas co sector da hostalería. Inclúense aquí postos de axudantes de cociña (22), axudantes de camareiro/a (20), camareiros/as (12) e cociñeiros/as (9)


Un 10,50% das ofertas foron de postos de oficiais relacionados co sector da construción. Inclúense aquí as seguintes ocupacións: albanelería (32), electricidade (9), soldadura (4), encargado/a de obra (3) e resto de oficiais: caldeirería, carpintaría, encofradores/as, fontanería, pintura e manexo de palas (11)

Case un 10% das ofertas foron de persoal técnico cualificado entre o que se inclúe: Instaladores/as e montadores/as (29), encargado/a de sala (7), deseñador/a gráfico (5), enquisadores/as (5), técnico/a de mantemento (4) e resto: operario/a de máquina de impresión, inspector/a mecánico e contable (6).

Case un 5% das ofertas fíxose sobre postos relacionados co sector sanitario e de servizos sociais, entre as que se inclúen auxiliares de axuda a domicilio (8), xerocultores/as (7), condutores/as de transporte adaptado (3), auxiliares de enfermería(3), coidadores/as de persoas con alzheimer (2) e resto de ocupacións: asistente persoal, enfermeiro/a e coidador/a (6)

Case un 4% das ofertas foron de postos de persoal de limpeza: limpadores/as (22).

Un 3,74% das ofertas foron de postos do sector da formación, educación e ocio, entre os que se inclúen as seguintes ocupacións: docentes varios (9), técnico/a en educación infantil (8), monitores/as socioculturais (3) e guías turísticos (1)

Un 3, 38% foron de postos de mozos/as de almacén e carretilleros/as (19) e un  3,20% de servizos persoais, entre os que incluímos: empregados/as de fogar (13) e perruqueiro/as e axudantes (5).

Un 2,49% das ofertas foron de planchadores/as (14) e o resto, un 8%, inclúen postos de traballo non incorporados en ningunha das categorías anteriores como son: traballos de tipo administrativo (7), condutores/as repartidores/as (7), técnicos e técnicas superiores (5) e outros (26).