lunes, 18 de abril de 2011

Conclusións

O mercado laboral está intimamente ligado á detección de necesidades de formación profesional, ocupacional e continua, que se pode planificar dende os diferentes servizos e progamas municipais.

Debemos ter en conta que a economía que sustenta este mercado é cambiante, pero a súa constante é que esixe cada vez máis especialización profesional. Por isto, a planificación de accións debe conxugar a satisfacción das necesidades básicas de formación das persoas con esa especialización que demanda a empresa.

A este respecto, do Estudo sobre a situación dos servizos de apoio á busca de emprego no Concello da Coruña realizado no marco do proxecto Rede Coruña Emprega, podemos extraer a seguintes conclusións:

-              Entre accións formativas en sectores profesionais considerados polas entidades como xeradores de emprego son habituais cursos de atención á dependencia e servizos sociais en xeral, novas tecnoloxías ou enerxías renovables.

-              Denótase unha falla de adaptabilidade a nivel xeral entre a oferta formativa das entidades e as necesidades do mercado laboral. Isto é debido a unha certa rixidez na programación da oferta suxeita a subvencións onde as entidades teñen unha baixa capacidade de decisión.

-              Reflíctese unha falta de adaptabilidade entre os persoas demandantes de emprego e as necesidades formativas que require actualmente o mercado. Hai que programar a formación en función das necesidades do mercado laboral non en función das demandas de formación das persoas, o que implica un esforzo na orientación laboral.

-              Considérase preciso sensibilizar ás empresas e ás entidades sobre a necesidade de programar formación contínua como mecanismo de mellora da competitividade.

-              Apréciase unha certa concentración da programación formativa en determinadas épocas do ano. Esta estacionalización vai en detrimento dun maior aproveitamento das accións por parte da cidadanía.