lunes, 18 de abril de 2011

Sector de actividades administrativas e servizos auxiliares

A intermediación realizouse concretamente co subsector das empresas de vixilancia e servicios auxiliares.

O posto de auxiliar de servizos é un perfil que este tipo de empresas está a contratar con moita frecuencia. Trátase dunha categoría inferior á de vixiante de seguridade e as súas funcións son as de control de mercancías,  comunicacións, recepción e atención á clientela.

Existe unha formación específica de Auxiliar de Servizos que imparten de forma habitual as empresas privadas de formación, e tamén forma parte dos Itinerarios que se están a levar a cabo no Proxecto Rede Coruña Emprega.

O perfil de persoa contratada varía moito segundo os requerimentos da clientela. As idades están comprendidas entre os 25 e os 40 anos, e a porcentaxe de homes contratados acada o 70 %.

En canto ás carácterísticas personais mellor valoradas están a facilidade de comunicación, o carácter extrovertido e “don de xentes”, así como posuir coñecementos en ofimática.

Auxiliar de servizos soe ser un posto de entrada na empresa, servindo unha vez completada a formación necesaria, para a posterior promoción a categorías superiores, como o de vixiante de seguridade. Hai que ter en conta que a seguridade privada é un sector catalogado como novo “xacimento de emprego” no cal se prevee un incremento na  contratación de profesionais durante os próximos anos.
En canto os requisitos de acceso a profesión de vixiante de seguridade estes veñen determinados por:

-          A posesión do título de Graduado en educación secundaria obligatoria.
-           Posuir o diploma o certificación acreditativa de superar o curso corrrespondiente nos centros de formación de seguridade privada autorizados pola Secretaría de Estado de Seguridade.
-          Superar as probas  de selección que convoca o Ministerio de Interior a través da Secretaría de Estado de seguridade.