miércoles, 27 de abril de 2011

Memoria 2010



Durante o ano 2010, o equipo técnico informou sobre o proxecto e outros recursos de emprego a 423 persoas, destas, 302 pasaron por unha entrevista de diagnóstico inicial, e 141 concertaron un itinerario integrado de inserción personalizado.


Os perfís das persoas demandantes de emprego, que participaron no Proxecto, pertencen, maioritaramente aos seguintes colectivos:

  • Menores de 30 anos sen formación.
  • Inmigrantes.
  • Maiores de 45 anos.
  • Persoas en paro de longa duración.


No ano 2010 o proxecto colaborou con 28 entidades, programas e servizos para a derivación e seguimento personalizado das persoas en situación de desemprego.

Impartíronse 12 Módulos de Orientación e Motivación para o Emprego (MOBE), que finalizaron con éxito 177 persoas. Esta acción está pensada para abordar a busca de emprego dende unha perspectiva personalizada, a través da definición de obxectivos, da diversificación profesional e da información laboral básica.


Ao logo deste ano, desenvolvéronse 13 itinerarios formativos, con 195 participantes nas seguintes especialidades:


  •  Atención sociosanitaria a personas en institucións
  • Transporte asistido e adaptado
  • Electricidade de edificios
  • Montaxe de mobles e elementos de carpintaria
  • Insatalación de elementos de carpintaría
  • Enerxías renovables en edificios
  • Instalacións solares fotovoltaicas
  • Soladura mig mag
  • Auxiliar de servizos
  • Atención especializada na enfermidade de Alzheimer
  • Coidado de persoas con dispacapacidade física e psíquica
  • Enerxía solar térmica
  • Atención sociosanitaria no domicilio (2ª edición)


Cada Itinerario leva asociada formación complementaria en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, fomento da non discriminación e loita contra a exclusión social, novas tecnoloxías da información e comunicación, coidado e respecto ao medio ambiente.


A Prevención de Riscos laborais e a formación para o autoemprego, son outros módulos impartidos durante 2010.


Mención especial merece a xestión de prácticas profesionais titorizadas en empresas, concebidas como un módulo específico e obrigatorio en todos os itinerarios. A duración das prácticas oscila entre as 80 e as 120 horas.


As empresas contactadas valoran moi positivamente a posibilidade de asumir estadías de prácticas, que permiten ao alumnado obter os coñecementos que complementan a formación, e acceder aos seus procesos de selección de persoal.


O Proxecto Rede Coruña Emprega realizou contacto con 166 empresas, asináronse 65 convenios de colaboración, o que supuxo a realización de 22.000 horas de prácticas nun entorno laboral real.


A valoración das prácticas por parte das empresas é moi positiva, especialmente no que se referire á organización do proceso e á información personalizada, acadando nas valoracións de satisfacción un 3.46 sobre 4.


O proceso de intermediación laboral realízase “a medida”, a través do contacto con empresas especializadas nos sectores económicos onde se imparte a formación específica dos itinerarios.


A relación co tecido empresarial ten os seguites obxectivos :


a) Xestionar ofertas de emprego a través do envio de candidaturas axeitadas ás necesidades das empresas.


b) Colaborar co empresariado na realización de prácticas profesionais titorizadas.


c) Coñecer as necesidades das empresas sobre perfis profesionais que demandan, ocupacións máis solicitadas, tipos de contratos que realizan, necesidades formativas do persoal, etc.


 Como resultado das intervencións, no ano 2010, acadáronse 104 insercións laborais, 47 homes e 57 mulleres, o que supón o 61.49% das persoas beneficiarias.


A media de inserción laboral acadada ao longo do proxecto Rede Coruña Emprega (2009 e 2010) é do 52.2%. Concretamente, en sectores como a atención sociosanitaria, o 86% das beneficiarias atoparon un emprego ao finalizar o seu itinerario personalizado.


Algunhas accións desenvolvidas nos Grupos de Traballo do Pacto Local polo Emprego foron:


  • Catálogo de accións de formación das entidades da Rede para 2010
  • Propostas para a mellora da planificación da formación ocupacional e continuada das entidades
  • Accións de formación para a capacitación técnica do persoal das entidades da Rede
  • Catálogo de accións prelaborais desenvolvidas polas entidades da Rede (alfabetización, inmersión lingüística, informática básica, habilidades sociais, etc)
  • Posta en marcha do procedemento de derivación externa entre entidades especializadas da Rede
  • Análise dos servizos prestados no ámbito do emprendemento
  • Creación do distintivo REDE (Recoñecemento de Empresa/Entidade pola Diversidade no Emprego) dirixido a visibilizar o compromiso de empresas e entidades coa inserción laboral
  • Detección das boas prácticas xeradas polas entidades da Rede Coruña Emprega
  • Recomendacións para a aplicación da transversalidade de xénero nas políticas das entidades
  • Deseño da Páxina web da Rede Coruña Emprega
  • Proceso de avaliación da satisfacción das entidades
  • Renovación do Pacto Local polo Emprego