jueves, 28 de abril de 2011

Conclusións

Podemos concluír que do número de persoas atendidas inicialmente no proxecto, o 46% comprometéronse cun itinerario integrado de inserción, aumentando sensiblemente o número de homes (66%) inmigrantes e menores de 30 anos, con respecto ao ano 2009.

O Módulo de orientación e motivación para a busca de emprego (MOBE) é un recurso imprescindible para o proxecto, xa que ademais de axudar na definción do obxectivo profesional, é unha ferramenta que serve como filtro para o acceso ás accións formativas e prácticas profesionais.
A formalización do proceso de derivación facilitou a coordinación entre as entidades colaboradoras e o equipo de orientación laboral do proxecto, reforzando as estruturas de traballo en rede.

O éxito de inserción laboral acadado en 2010 (61.49% das pesoas que finalizan o itinerario) permiteu validar a metodoloxía dos itinerarios Rede como instrumento eficaz para a incorporación ao mercado laboral.