jueves, 14 de abril de 2011

Impacto do Porto Exterior da Coruña nas necesidades formativas

Neste apartado analízase o impacto que a posta en funcionamento das novas instalacións portuarias terá nas necesidades formativas dos novos traballadores/as.

Nos resultados pode observarse que entre as puntuacións máis altas figuran as de:


• Comercio exterior (actualidade normativa, procedementos, novos mercados).
• Loxística de transporte marítimo.
• Xestión/Administración/Márketing/Proxección comercial".
• Electrónica/ Telecomunicacións/Autómatas".

A análise destes datos marca a pauta sobre as necesidades das empresas no que respecta ao capital humano requirido para levar a cabo a súa actividade no futuro Porto Exterior. As empresas neste caso subliñan a necesidade dun capital humano especializado en novas tecnoloxías e capacitado para aproveitar as oportunidades derivadas das operacións de importación/exportación nassúas empresas.


Coa información dispoñible obsérvase que o empresariado percibe aínda a existencia de bastantes diferenzas entre os perfís dos postos de traballo que se demandan actualmente e os que se necesitarán cando o Porto Exterior da Coruña empece a ofrecer servizos totais de importación/exportación.


As maiores diferenzas prodúcense nos ítems de formación específica:

• Comercio exterior (actualidade normativa, procedementos, novos mercados)
• Electrónica/Telecomunicacións/Autómatas.
• Ofimática orientada ao negocio marítimo.
• Loxística do transporte marítimo.
• Xestión/Administración/Márketing/Proxección comercial.
• Soldadura/Tornaría".


Por último, a importancia das necesidades formativas demandadas no pasado ou actualmente, unida á necesidade de formación futura provocada pola apertura do Porto Exterior da Coruña, permite mostrar que cursos de formación son máis importantes para as empresas entrevistadas.
Os resultados din que a banda de "moi importante" está ocupada polas seguintes competencias específicas:

• Mariñeiro pescador.
• Loxística do transporte marítimo.
• Xestión/Administración/Márketing/Proxección comercial.
• Comercio exterior (actualidade normativa, procedementos, novos mercados)
• Electrónica/Telecomunicacións/Autómatas.

Resulta importante sinalar tamén, nun segundo nivel de prioridade, as necesidades formativas que aparecen na banda de "importante":

• Mecánica (xeral, propulsión, hidráulica, CAD)
• Despezamento, corte, empaquetado e recoñecemento do peixe.
• Estiba/Desestiba/Operador de guindastre/Pantaláns.
• Patrón local de pesca/ Patrón costeiro polivalente.
• Idiomas.
• Riscos laborais, prevención e seguridade portuaria.
• Soldadura/Tornaría.
• Ofimática orientada ao negocio marítimo.

Quedando na banda de "algo importante" as competencias de:

• Transportista de mercadorías (internacional, perigosas, multimodalidade, alimentación)
• Manipulación de alimentos.
• Normativa sanitaria internacional en alimentación.