O obxectivo da creación da Rede Coruña Emprega é consolidar unha metodoloxía de traballo común, que xere:
Confianza entre os axentes participantes, posibilitando a unión de esforzos e o compromiso mutuo materializado no establecemento dun Pacto Local polo Emprego na cidade da Coruña.
Información, cara ao mellor aproveitamento dos recursos e á detección das necesidades das persoas desempregadas.
Por outro lado podemos engadir unha serie de obxectivos cun carácter máis específico:
- Coordinar e optimizar os recursos de atención e asesoramento para o emprego.
- Facilitar a realización de prácticas formativas non laborais en empresas, como complemento á formación ocupacional.
- Coordinar accións entre as entidades da Rede que finalicen coa inserción laboral das persoas pertencentes a colectivos obxectivo
- Artellar medidas de conciliación e corresponsabilidade dirixidas a facilitar ainserción laboral das mulleres
A nivel estratéxico o proxecto rede coruña emprega ten como obxectivo:
Promover a cooperación da Administración Local, os axentes sociais e económicos e outras entidades clave no deseño, coordinación e posta en marcha de accións e programas a favor do emprego, axeitados á realidade do territorio.