martes, 12 de abril de 2011

Áreas de actuación

O Proxecto Rede Coruña Emprega contempla tres grandes áreas de actuación:


a. A creación dunha Rede de apoio ás persoas demandantes de emprego,
destinada ao establecemento dun Pacto Local polo Emprego.


b. O desenvolvemento de Itinerarios Integrados de Inserción Sociolaboral
dirixidos a mellorar o grao de empregabilidade dos colectivos obxetivo.


c. A elaboración de Estudos Técnicos relacionados coa prospección de
necesidades potenciais en materia de formación para o emprego: Análise da situación dos servizos de apoio á búsqueda de emprego na cidade de A Coruña e Estudo sobre o impacto no emprego do Porto Exterior na cidade de A Coruña.