martes, 12 de abril de 2011

Distintivo REDE

REDE é un distintivo de responsabilidade social que se otorga ás organizacións comprometidas coa inserción laboral de persoas con dificultades para a súa incorporación ao mercado de traballo. O obxetivo é premiar e diferenciar as organizacións pola súa implicación responsable nas políticas de recursos humanos.
Para a obtención da REDE, as empresas candidatas teñen que cumplir tres requisitos:
  1. Incorporar nas súas plantillas a persoas con dificultades de acceso ao mercado laboral.
  2. Colaborar, de forma habitual, na realización de prácticas profesionais titorizadas en empresas para facilita-la inserción laboral.
  3. Aplicar o principio de igualdade de oportunidades entre homes y mulleres nas súas políticas de recursos humanos, promovendo a súa incorporación ao mercado de traballo e a sús promoción laboral.
O distintivo REDE pretende ademáis recoñecer e visibilizar a responsabilidade empresarial nos procesos de inserción laboral, contribuíndo a eliminar as barreiras que dificultan a incorporación ao mercado de traballo.
Esta distinción é concedida polo Servizo Municipal de Promoción Económica e Emprego do Concello de A Coruña, no marco do proxecto Red Coruña Emprega, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
As candidaturas son evaluadas por unha Comisión de Valoración presidida polo Concello e integrada pola Confederación de Empresarios, Comisiones Obreras, Confederación Intersindical Galega e Fundación Mulleres, como entidade especializada na materia de xénero.
O distintivo REDE ten unha validez de dous anos, período tralo cal a organización que o desexe podrá realizar unha nova solicitud. As organizacións distinguidas formarán parte dun catálogo que se publicará na web da Rede Coruña Emprega, contribuíndo ao avance da sua imaxen corporativa.
Tal e como destacou Henrique Tello, "a pesar de que o REDE non é un premio económico sí é un premio que todo o mundo quere ter porque ten un valor social e un contenido moral moi importante".