miércoles, 6 de abril de 2011

Mesa Institucional

A Mesa Institucional é o órgano de dirección e de toma de decisións da Rede. Está presidido polo Primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio, Consumo e Turismo do Concello da Coruña.
As entidades da Rede forman parte da Mesa Institucional a través da persoa que ostenta a súa representación legal.
O director do proxecto Rede Coruña Emprega, participa na Mesa Institucional en calidade de Director Técnico, e exerce as labores de secretaría.

            Competencias:

  • Aprobación das propostas e medidas remitidas dende a Mesa Técnica e Grupos de Traballo.
  • Celebración de reunións ordinarias convocadas a tal efecto polo Presidente da Mesa, cunha periodicidade non superior á semestral
  • Celebración de reunións extraordinarias por causa motivada.
  • Adopción do acordo relativo á solicitude de inclusión de novos membros na Rede según o procedemento previsto no punto 6.3 do Manual de funcionamento da Rede Coruña Emprega (Adhesión de novas entidades á Rede).
  • Adopción do acordo relativo á solicitude de baixa, separación e/ou exclusión dos membros da Rede según procedemento previsto no punto 6.4 y 6.5 do citado manual (Baixa das Entidades. Extinción, separación e exclusión).