É o soporte técnico da Rede e o marco de desenvolvemento do Programa de Acción do Pacto Local.
Está integrada polo persoal técnico do proxecto e das entidades da Rede, especializado en materia de formación e emprego. Para o seu funcionamento configúranse 4 grupos de traballo, en función das diferentes temáticas a abordar: formación, orientación laboral, promoción económica, e boas prácticas, avaliación e sustentabilidade.
- Posta en común dos acordos adoptados na Mesa Institucional.
- Posta en común das accións desenvolvidas por cada un dos Grupos de Traballo.
- Debate de propostas para posible estudo nos Grupos de Traballo.
- Celebración de reunións ordinarias convocadas a tal efecto pola coordinación da Mesa, cunha periodicidade non superior á semestral.
- Celebración de reunións extraordinarias por causa motivada.