jueves, 14 de abril de 2011

Impacto sobre o emprego do Porto Exterior da Coruña.

Para medir a influencia que pode ocasionar o inicio da actividade na nova dársena, ás empresas entrevistadas fixéronselles dúas preguntas:
• ¿Está buscando novos traballadores/as?
• ¿Que necesidades de novos perfís profesionais se lle poderían formular coa apertura do Porto Exterior?


Á vista dos datos dispoñibles, obsérvase que actualmente o 10,84% das empresas de primeira e segunda liña portuarias están na procura de persoal para cubrir postos vacantes ou realizar novas tarefas. Cando ás empresas enquisadas se lles pregunta pola nova contratación de persoal derivada do impacto do Porto Exterior, o 4,64% contestan que si buscarán persoal; e que probablemente si, en función das previsións de crecemento no volume de negocio o 9,93%. Tendo en conta estas dúas condicións, a demanda de emprego inducida polo novo porto é do 14,57%. Destes datos pódese concluír que o Porto Exterior terá un impacto inmediato na creación de emprego cando se poña en funcionamento.


Ao analizar a información que posuímos, tendo en conta o tamaño das empresas, obtense algunha evidencia de que a creación de emprego podería estar relacionada positivamente coas empresas grandes.

As grandes empresas están na procura de traballadores/as actualmente. Non obstante, para o futuro as expectativas son inferiores.